Certamente, eu son unha matemática. En lugar de ser recordada como a primeira muller que fixo isto ou aquilo, preferiría ser recordada, coma calquera outro matemático, tan só polos teoremas que demostrei e os problemas que resolvín.
Julia Bowman Robinson
Descripción e obxectivos
A actividade Mxm desenvolveuse ao longo do curso académico 2007-2008, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Tivo como obxectivo fundamental dar a coñecer as achegas que algunhas das mulleres matemáticas máis célebres, escolléronse 16, fixeron a esta milenaria ciencia. Constou de dúas fases. Na primera, os participantes, dirixidos e orientados polos titores da actividade, prepararon diverso material divulgativo relacionado cás mulleres matemáticas elexidas: vídeos, carteis, xogos, manualidades… Na segunda fase, o material elaborado presentouse ó público nun mini-congreso no que tamén se programaron conferencias e mesas redondas coa participación de destacadas matemáticas vinculadas á docencia, á xestión, á literatura, etc.
Os obxectivos previstos foron:
- Achegar as Matemáticas e as matemáticas ao público en xeral.
- Dar a coñecer a valía e o labor das mulleres dentro das Matemáticas ao longo da historia.
- Fomentar a participación en actividades de divulgación.
- Presentar material científico-matemático en lingua galega.
- Utilizar as posibilidades que brindan as Matemáticas, principalmente a súa historia e os seus personaxes sobranceiros, para fins de tipo social: igualdade, discriminación…
Grupo de traballo
A actividade foi coordinada polos profesores do Departamento de Matemáticas Miguel Ángel Miras Calvo e Carmen Quinteiro Sandomingo. Participaron como titores:
- José Nicanor Alonso Álvarez (Departamento de Matemáticas)
- David Mirás Calvo (Departamento de Matemáticas)
- Marta Pérez Rodríguez (Departamento de Matemáticas)
- Estela Sánchez Rodríguez (Departamento de Estatística e Investigación de Operacións)
- Esperanza Sanmartín Carbón (Departamento de Matemáticas)
- Amelia Verdejo Rodríguez (Departamento de Matemáticas)
As matemáticas seleccionadas
Facer unha proposta das matemáticas que se ían estudar non foi, no que se refire a mulleres matemáticas anteriores ao século XX, tarefa difícil e, sen grandes esforzos, podemos imaxinar a razón: están as que son. Salientaremos que o prototipo de matemática (e científica) desta época resulta ser unha muller pertencente á aristocracia ou, en calquera caso, a familias ben acomodadas económicamente. En moitísimos casos contaron con algún apoio masculino para sacar adiante o seu labor: ás veces foi un matemático de recoñecido prestixio quen as apoiou, outras os seu propios esposos ou pais, pero normalmente foron autodidactas que deberon superar as trabas que a sociedade do momento impuxo para a súa formación. Afortunadamente, o número de mulleres que dedicaron (e dedican) a súa vida ao estudo das matemáticas foi aumentando a medida que avanzaba o século XX. A elección, para este período, foi unhas veces “obrigada” (como non iamos incluír a Emmy Noether, unha das mentes máis importantes do século!) e outras obedeceu a afinidades persoais ou matemáticas do profesorado participante con algunhas das candidatas. Alguén pode, con razón, botar de menos na nosa lista a mulleres do talle de Fanya Montalvo, Olga Taussky-Tood, Marjorie Lee Brown ou tantas outras que poderían dar lugar (por que non?) a outro ciclo de actividades e de conferencias. Estudamos as biografías e achegas matemáticas de:

Teano (século VI a. de C.). Á morte de Pitágoras, dirixiu a escola pitagórica. Escribiu tratados sobre Matemáticas, Física e Medicina.

Hipatia (370?-415). Directora da famosa Escola de Alexandría. Escribiu tratados sobre Aritmética e Xeometría.

Émile de Breteuil (1706-1749). Tradutora dos Principia de Newton e autora de libros sobre Física e Óptica. Introduciu o pensamento newtoniano en Francia.

María Gaetana Agnesi (1718-1709). Realizou importantes estudos sobre curvas empregando o Cálculo.

Carolina Herschel (1750-1848). Aplicou as Matemáticas á Astronomía. Descubriu oito cometas e varias estrelas e nebulosas.

Sophie Germain (1776-1831). Deu un paso fundamental na demostración do Último Teorema de Fermat. Fixo importantes achegas sobre vibracións de superficies elásticas.

Mary Somerville (1780-1872). Predixo a existencia de Urano. Fixo estudos en Astronomía, Física matemática, magnetismo, etc.

Ada Lovelace (1815-1852). Creadora do primeiro programa de computadora da historia. Colaboradora de Babbage, estaba moi interesada en cuestións de intelixencia artificial.

Florence Nightingale (1820-1910). Realizou pesquisas esenciais en Estatística aplicada. Contribuíu a mellorar as condicións sanitarias dos hospitais militares.

Sophia Kowalevskaya (1850-1891). Fixo estudos sobre a rotación dun sólido ríxido e importantes achegas ás ecuacións en derivadas parciais, integrais abelianas, etc.

Alice Boole (1860-1940). Precursora dos estudos sobre xeometría en catro dimensións.

Grace Young (1868-1944). Proporcionou numerosas contribucións en teoría da medida e integración.

Emmy Noether (1882-1935). Achegou, entre outros, resultados esenciais na teoría da relatividade e no estudo de partículas elementais. Realizou pesquisas en teoría de invariantes, teoría xeral de aneis e ideais e teoría de representación..

Grace Hopper (1906-1992). Creou a linguaxe de programación Cobol. Participou na programación do ordenador Mark I e no desenvolvemento dos Mark II e Mark III..

Emma Castelnuovo (1913-2014). Fixo importantes contribucións á Didáctica da Xeometría.

Julia Robinson (1919-1985). Ademais de facer importantes achegas sobre ecuacións diofánticas, funcións recursivas ou Teoría de Xogos, contribuíu a resolver o décimo problema de Hilbert.
Plan de traballo
A actividade desenvolveuse en dúas fases segundo o seguinte calendario:
- Matrícula: Ata o día 1 de marzo de 2008
- Primeira fase
- Formación de grupos (7 de marzo de 2008): Nunha sesión de traballo conxunta os participantes na modalidade completa foron distribuídos en 16 grupos, un por cada personaxe. Cada titor fíxose cargo de dous grupos. Cada grupo estaba formado por 2 ou 3 estudantes.
- Primeira sesión presencial (14 de marzo de 2008): Mesa de debate Matemáticas na Universidade celebrada no salón de graos da facultad de Ciencias Xurídicas e do Traballo coa participación de Elena Vázquez Cendón (Universidade de Santiago de Compostela), Isabel Marrero Rodríguez (Universidad de La Laguna) e Margarita Estévez Toranzo (Universidade de Vigo).
- Traballo en grupo (ata o 13 de maio de 2008): Preparación, por parte dos membros do grupo baixo a supervisión e orientación do correspondente titor, dos materiais e actividades de divulgación sobre o labor científico das mulleres matemáticas seleccionadas. Cada grupo organizou o seu propio plan de traballo. Obrigatoriamente, cada grupo tiña que confecionar un cartel en tamaño A0, seguindo un modelo común, dividido en tres partes: unha adicada a recoller os acontecementos biográficos mais relevantes do personaxe en cuestión; outra cos conceptos matemáticos básicos necesarios para comprender o seu traballo; e a derradeira cunha proposta de dúas ou tres actividades orientadas a divulgar as achegas e contribucións matemáticas da muller asignada.

- Segunda fase
- Exposición dos carteis (14 o 23 de maio de 2008): Na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidada de Vigo.
- Mini-congreso (14 e 15 de maio de 2008): Presentación pública polos membros de cada grupo dunha breve reseña biográfica da matemática asignada así como do material e as actividades elaboradas relativas o seu traballo científico. A través de proxeccións de diapositivas e da exposición dos carteis, deron a coñecer as biografías destes personaxes. Para achegarnos as súas contribucións matemáticas propuxeron xogos, manualidades, teatro, comentarios sobre libros, pequenos programas informáticos, etc.
- Conferencias invitadas (16 de maio de 2008):
- María Wonenburguer: Muller e Matemática. María José Souto Salorio (Profesora da Universidade da Coruña)
- Matemáticas e literatura. Xaro Nomdedeu Moreno (Profesora de Matemáticas e escritora).
- Matemáticas e teatro. Marta Macho Stadler (Profesora da Universidade do País Vasco).
- Exposicións paralelas
- A muller innovadora na Ciencia (12 o 19 de maio de 2008): Facultade de Bioloxía
- MatePosters de Matematicalia (Maio de 2008): Facultades de Químicas, Ciencias Xurídicas e do Traballo, Ciencias do Mar e Ciencias Económicas e Empresariais.

Datos de participación
- Modalidade completa. Participación plena na elaboración de material e presentación ao público. 26 estudantes elixiron esta maneira participar.
- Modalidade reducida. Só asistencia ás presentacións e ás charlas. 11 estudantes decidíronse por esta opción.
Publicidade e prensa
- Faro de Vigo (23 de outubro de 2007): «Heroínas de las matemáticas», por Sandra Penelas.
- DUVI (3 de marzo de 2008): «As mais destacadas matemáticas da historia protagonistas dun seminario».
- La Voz de Galicia (4 de marzo de 2008): «La Universidad organiza un seminario sobre la parte lúdica de las matemáticas».
- 20 minutos (5 de marzo de 2008): «Las matemáticas también son lúdicas».
- Atlántico Diario (6 de marzo de 2008): «Las matemáticas serán protagonistas de un seminario en la Universidad».
- DUVI (14 de marzo de 2008): «As participantes nunha mesa de debate demandan un maior aproveitamento do potencial feminino nas aulas».
Difusión da experiencia
- [Artigo] Unha proposta para se achegar ás Matemáticas: contribucións das mulleres ás Matemáticas ao longo da historia. Alonso Álvarez, J. N., Mirás Calvo, D., Mirás Calvo, M. Á., Pérez Rodríguez, M., Quinteiro Sandomingo, C., Sánchez Rodríguez, E., Sanmartín Carbón, E., Verdejo Rodríguez, A. En: Prácticas educativas innovadoras na Universidade. Vicerreitoría da Formación e Innovación Educativa. Universidade de Vigo. (2008), 131-138.
- [Ponencia] Una propuesta para acercarse a las Matemáticas: Aportaciones de las mujeres a la Matemática a lo largo de la historia. Alonso Álvarez, J. N., Mirás Calvo, D., Mirás Calvo, M. Á., Pérez Rodríguez, M., Quinteiro Sandomingo, C., Sánchez Rodríguez, E., Sanmartín Carbón, E., Verdejo Rodríguez, A. II Xornada de Innovación Educativa na Universidade. Vigo (2007)
- [Ponencia] Matemáticas na historia e no teatro: dúas experiencias docentes. Mirás, M. Á. e Quinteiro, C. Xornadas Mulleres ConFormando a Ciencia da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta da Galicia. Santiago de Compostela (2008)
- [Curso] Organización e avaliación de actividades divulgativas interdisciplinares na programación docente. Curso de iniciación á formación para a docencia universitaria (Programa de Formación do Novo Profesorado da Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa. Universidade de Vigo). Vigo. Febrero de 2009.
- [Curso] Incorporación de actividades divulgativas multidisciplinares na práctica docente para a avaliación de competencias xenéricas. Curso de iniciación á formación para a docencia universitaria ( Programa de Formación do Novo Profesorado da Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa. Universidade de Vigo). Vigo. Marzo de 2010.
Patrocinio e financiación
- Área de Igualdade. Vicerreitoría de Extensión Cultural da Universidade de Vigo
- Departamento de Matemáticas da Universidade de Vigo
Para saber mais
- Margaret, A. (1991). El legado de Hipatia. Historia de las mujeres en la ciencia desde la antigüedad hasta fines del siglo XIX. México: Siglo XXI.
- Castro Martínez, E. (2005-2006). Mujeres matemáticas en la historia de occidente. Lección inaugural. Granada: Universidad de Granada.
- Nomdedeu Moreno, X. (2000). Mujeres, manzanas y matemáticas. Entretejidas. Madrid: Nivola.
- Nomdedeu Moreno, X. (2004). Sofía. La lucha por saber de una mujer rusa. Madrid: Nivola.
- Blanco Laserna, D. (2005). Emmy Noether. Matemática ideal. Madrid: Nivola.
- Mataix, S. (1999). Matemática es nombre de mujer. Barcelona: Rubes Editorial.
- Stwart, I. (2006). Cartas a una joven matemática. Barcelona : Crítica D. L.
- Witkowski, N. (2005). Trop belles pour le Nobel. Paris: Éditions du Seuil.
- Salvador Ocaña, A., L. Figueiras Ocaña, M. Molero Aparicio e N. Zuasti Soravilla (1988). El juego de Ada. Matemáticas en las Matemáticas Granada: Proyecto Sur.
- Singh, S. (1997). El enigma de Fermat. Barcelona: Planeta.
- Comisión de Mujeres y Matemáticas de la Real Sociedad Matemática Española
- Páxina sobre mulleres matemáticas do Agnes Scott College
- Índice cronolóxico de mulleres matemáticas
- Algunhas matemáticas e actividades relacionadas con elas
- Índice alfabético de mulleres matemáticas